Pasar al contenido principal

Estudantes europeos de Medicina debaten en Santiago sobre os intercambios internacionais

Desde este xoves 23 e ata o domingo preto de cen estudantes de Medicina de toda Europa reúnense na USC para tratar asuntos relacionados cos intercambios internacionais.
A xuntanza organízaa a asociación Meiga (Medicina Intercambios Galicia), integrada na federación española pertencente á International Federation of Medical Students Associations (IFMSA) que xestiona estes intercambios dende hai medio século. No encontro desta semana trátase de completar a formación dos coordinadores en diferentes cidades e países europeos.
A IFMSA é unha das maiores federacións estudantís do mundo, representando a máis de 1 millón de alumnos e alumnas de medicina de 100 países nos cinco continentes. A súa actividade divídese en distintos comités como Educación médica, Saúde pública, Reprodución e saúde sexual, Refuxiados e paz e Intercambios profesionais e de investigación para estudantes.
Pola súa banda, Meiga desempeña o seu labor na USC desde hai máis de 20 anos e na actualidade é o terceiro comité local máis importante de España en número de intercambios desde e cara ao estranxeiro.
Inauguración este xovesO acto inaugural do encontro ten lugar este xoves 23 ás 17.00 horas no Salón de Actos da Facultade de Medicina coa asistencia do decano do centro, José Mª Fraga Bermúdez, e o presidente do Colexio Oficial de Médicos da Coruña, Luciano Vidán Martínez. A continuación, desenvolverase unha charla científico-divulgativa a cargo dos profesores Manuel Freire-Garabal, Clara Álvarez e Germán Sierra.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 23.04.2009.