Pasar al contenido principal

Estudantes da USC comezan unha campaña para fomentar o uso da bicicleta

Os estudantes da USC que son bolseiros de sostibilidade da Oficina de Desenvolvemento Sostible da USC, dependente da Vicerreitoría de Calidade e Planificación, darán a coñecer diversas iniciativas durante os próximos días para fomentar o uso da bicicleta.
As actividades, que comezan este mércores 29 na facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, consistirán en mesas informativas con recollida de sinaturas para apoiar a solicitude de carrís bici nas cidades e doutras medidas para mellorar o transporte ecolóxico na USC. A campaña continuará o 4 de maio en Filosofía e o 6 na Biblioteca de Concepción Arenal, neste último caso das 17:00 ás 20:00 horas.
Carrís biciO programa dos carrís bici enmárcase dentro das iniciativas que propoñen os estudantes bolseiros de sostibilidade da USC para o desenvolvemento de fórmulas de transporte alternativo, en aras de promover a mobilidade sostible e así reducir as emisións contaminantes de CO2 a atmosfera.
Este tipo de proxectos non son alleos a outros países europeos, onde case o 90% das rutas en estrada de Holanda e Bélxica e o 76% de Alemaña están xa adaptadas ás necesidades dos usuarios que se decantan por este medio de transporte ecolóxico, económico e saudable para a súa vida cotiá.
Pegada ecolóxica e consumo responsableOutro grupo de estudantes bolseiros de sostibilidade nos centros da USC organizan tamén actividades relacionadas co consumo responsable que comezan mañá, día 29, nas Facultades de Psicoloxía e Ciencias Políticas e o 5 de maio nas Facultades de Farmacia e Física. Consistirán na divulgación de información relacionada coas posibilidades de facer consumo ecolóxico, de produtos locais e de comercio xusto en Galicia e co impacto ambiental do consumo.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 28.04.2009.