Pasar al contenido principal

Os alumnos de Ciencias inauguran as súas xornadas de divulgación científica en Lugo

A Facultade de Ciencias do Campus de Lugo inaugurou este martes 28 as súas IV Xornadas de Divulgación Científico-Tecnolóxica organizadas polos alumnos do centro. Ao acto de apertura asistiron o vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Carlos Herrero; o decano do centro, Francisco Fraga, e o decano do Colexio de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Lugo, Jorge Rivera.
Desde o principio, o obxecto desta convocatoria anual foi dar a coñecer o labor investigador que se desenvolve no Campus lugués. Nesta edición participan tamén como relatores, por vez primeira, profesores da Escola Politécnica Superior.
No transcurso das xornadas, que rematan o xoves 30, abordaranse varios bloques temáticos tales como a Enxeñaría Técnica Industrial, Tecnoloxía dos Alimentos ou estudos relacionados co medio ambiente, polo que entre os conferenciantes figuran investigadores das distintas disciplinas.
As sesións están a ter lugar no Salón de Actos da Facultade de Ciencias en horario de 9:30 a 14:00 horas, con pausas de 11:30 a 12:00 horas, e de 16:00 a 19:00 horas.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 28.04.2009.