Pasar al contenido principal

O fundador de Coronel Tappioca comparte a súa experiencia emprendedora con universitarios da USC

Está considerado un dos principais expertos de España en cuestións relacionadas co emprendemento

Os alumnos da Aula de Práctica Empresarial da Cátedra Bancaja de Mocidade Emprendedora teñen esta semana a oportunidade de debater e compartir experiencias con responsables de empresas consolidadas e de éxito nun ciclo no que analizarán o emprendemento en tempos de crise.
Este martes 28, ás 11:00 horas no salón de graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, contarase coa presenza do fundador e presidente de Coronel Tapiocca ata 2006, Roberto Alcalde, considerado un dos principais expertos de España en cuestións relacionadas co emprendemento.
Alcalde intervén nunha sesión dedicada enteiramente ao emprendemento en sectores tradicionais, aqueles nos que aínda sen ter unha compoñente tecnolóxica especialmente relevante, a innovación é tamén unha variable estratéxica crucial do futuro das empresas.
Roberto AlcaldeFundador dunha das maiores cadeas de tendas de roupa e complementos para a aventura, en 1962 obtivo o seu MBA na escola graduada da Universidade de Chicago, logo de pasar pola Complutense e por Wesleyan University. Comezou traballando aos 22 anos na Guf Oil Corporation en Pittsburgh (USA), onde ocupou importantes cargos ata 1972.
Foi director de planificación de Repesa e máis tarde presidente de diversas empresas, en distintos países, creando uns 10.000 postos de traballo directos e uns 15.000 indirectos. Na actualidade é conferenciante e asesor do Parque Científico de Madrid.
Mesa redonda con emprendedoresAo remate da conferencia de Roberto Alcalde desenvolverase unha mesa redonda na que participarán os emprendedores Verónica Iglesias, de Ciencia Divertida; Pedro Mouriño, de Mediasiete Publicaciones; e M. Eugenia Fernández, de Arquetipos Consultores. Modera o debate a directora da Cátedra Bancaja Mocidade Emprendedora da USC, Loreto Fernández Fernández.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 27.04.2009.