Pasar al contenido principal

Comeza un novo curso de formación musical en Lugo

Lugo acolle, dende este mércores 4 de novembro, un novo curso de música pensado para aquelas persoas que desexen formar parte da sección electrónica do Grupo de Creación Musical (GCMUS) do campus, que ten doce anos de historia e conta, ademais, con unha sección vocal que tamén está a recibir formación dende este mesmo martes.
O relator do curso da sección electrónica, Arturo Vaquero, abordará cos participantes a música electroacústica e electrónica, e tamén as técnicas de laboratorio, gravación, etc. As sesións terán lugar todos os mércores, de 19:30 a 21:30 horas, ata o vindeiro 26 de maio.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 03.11.2009.