Pasar al contenido principal

A ministra Cristina Garmendia inaugura en Santiago o Edificio Emprendia da USC

Asiste ao acto o presidente de Banco Santander, Emilio Botín, que previamente asinará un convenio coa institución docente

A ministra de Ciencia e Innovación, Cristina Garmendia, asiste este martes, 3 de novembro, en Santiago á inauguración oficial do Edificio Emprendia, emprazado no Campus Sur (esquina da Avenida Mestre Mateo coa Estrada de San Lourenzo).
O acto inaugural, que se desenvolverá a partir das 18:00 horas, contará coa presenza do reitor Senén Barro; do alcalde da cidade, Xosé A. Sánchez Bugallo; do secretario de Universidades do Ministerio de Educación, Marius Rubiralta; e do presidente da Deputación de A Coruña, Salvador Fernández Moreda. Logo de descubrir unha placa conmemorativa na entrada principal do edificio, as autoridades participarán no acto institucional onde cada un deles pronunciará un breve discurso tras o que realizarán un percorrido polo centro.
Ao acto asistirá tamén o presidente de Banco Santander, Emilio Botín, que esa mesma tarde asinará un convenio coa institución docente. Banco Santander, que xa apoia numerosas actividades da USC, farao tamén co funcionamento deste edificio.
Campus VidaLocalizado nunha área privilexiada a carón do Complexo Hospitalario Universitario e dun entorno científico que integra un abanico de centros de investigación que albergan a máis de 800 especialistas, o edificio Emprendia é clave na USC para cumprir coa súa misión de trasladar á sociedade os seus resultados de investigación fomentando a innovación e o emprendemento. O edificio forma parte de Campus Vida, unha iniciativa da USC recoñecida como Campus de Excelencia Internacional que se basea nunha xestión do coñecemento e o talento que mellorará a competitividade do ecosistema galego de innovación para proxectalo no seu entorno.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 02.11.2009.