Presentación da programación cultural durante a Semana de Benvida
A vicerreitora de Cultura da USC, Elvira Fidalgo, presentará este venres 16, ás 13:00 horas, as actividades programadas para a Semana de Benvida, que se organizan ao amparo do convenio Lugo Cultural e no que participan, ademais da USC, o Concello, a Deputación Provincial, a Xunta de Galicia e a Fundación Caixa Galicia. De feito, neste acto estarán presentes tamén o vicepresidente primeiro da Deputación, Antón Bao; a delegada territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Raquel Arias; e o xerente da Fundación Caixa Galicia, Sinesio Pérez.
A Semana de Benvida celebrarase do 20 ao 23 de outubro combinando como sempre actividades entre as que figuran concertos de música, relatorios, exposicións, teatro e danza.