Pasar al contenido principal

O vicerreitor Agustín Merino reuniuse cunha delegación da provincia china de Henan

Agustín Merino reuniuse cunha delegación da provincia china de Henan
Agustín Merino reuniuse cunha delegación da provincia china de Henan

O vicerreitor de Política Internacional, Agustín Merino, mantivo esta martes 13 unha xuntanza cunha delegación da provincia china de Henan, coa que se reuniu en San Xerome co gallo de analizar posibles vías de colaboración.
No transcurso do encontro, Agustín Merino presentoulle aos integrantes da delegación os principais rasgos que definen á Universidade de Santiago no contexto da comunidade galega e no conxunto do Estado. Integraban esta comitiva, representantes do Departamento de Educación de Henan, así como da Academia de Ciencia e da Oficina de Asuntos Exteriores do Goberno da provincia china.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 13.10.2009.