Pasar al contenido principal

O investigador José L. Sanz, novo convidado do ciclo conmemorativo do Ano Darwin

‘Fósiles, cultura e historia da vida’ é o título da conferencia que o investigador José Luis Sanz vai pronunciar este martes 20 dentro do programa de actividades do segundo módulo do ciclo ‘Darwin e a evolución’ organizado pola USC co gallo da conmemoración do Ano Darwin en 2009.
A conferencia principiará ás 12:00 horas no Paraninfo da USC, na Facultade de Xeografía e Historia, e tamén se celebrará no Campus de Lugo o día 5 de novembro no Salón de Actos da Escola de Formación do Profesorado. José Luis Sanz pertence á Unidade de Paleontoloxía da Facultade de Ciencias da Universidade Autónoma de Madrid e á Real Academia de Ciencias Exactas, Física e Naturais.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 19.10.2009.