Pasar al contenido principal

A Facultade compostelá súmase á petición de que a titulación de Medicina sexa recoñecida como máster

A Facultade de Medicina da Universidade de Santiago apoia a convocatoria estatal do Foro da Sanidade que reivindica que as novas titulacións de Medicina, de 360 créditos ETCS, sexan recoñecidas como master e non como grao, tal e como establece a normativa actual.
Para iso, o equipo decanal da USC convoca un acto reivindicativo este xoves 23, ás 12:00 horas diante do Pavillón Docente Novoa Santos (a carón do CHUS) e da Facultade de Medicina.
Esta convocatoria está respaldada ademais pola Organización Médica Colexial (OMC), as Sociedades Científicas (FACME), os sindicatos médicos e o Consejo Estatal de Estudiantes de Medicina (CEEM), entre outros.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 22.10.2009.