Pasar al contenido principal

As axudas para o desenvolvemento de accións de mellora da docencia no marco da construción do EEES neste curso superan as de 2008

A Comisión de Calidade Delegada do Consello de Goberno acordou o reparto das axudas para o desenvolvemento de accións de mellora da docencia no marco da construción do espazo europeo de educación superior correspondentes ao ano 2009.
A cantidade achegada nesta convocatoria supera á de 2008, un esforzo orzamentario que pon de manifesto “unha vez máis o compromiso da USC coa mellora da docencia como parte da súa responsabilidade perante a sociedade”, tal e como recolle o lema da institución ‘Coñecemento ao servizo da sociedade’, aseguran os responsables universitarios.
Esta convocatoria ten como obxecto estimular as actividades de mellora da calidade docente que se realizan no ámbito da USC, financiando a posta en marcha de accións de mellora que supoñan un avance no proceso e que necesiten recursos adicionais aos que posúe o centro ou titulación.
As axudas contan coa participación das Vicerreitorías de Calidade e Planificación, de Oferta Docente e EEES, de Política Internacional e de Economía, Financiamento e Infrastruturas así como da Área TIC.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 22.10.2009.