Expertos da USC debaten sobre a teoría evolutiva
Os profesores Paulino Martínez, David Posada e Román Vilas son os convidados dunha nova sesión do ciclo ‘Darwin e a evolución’ que ao longo destes meses se está a desenvolver no marco das actividades conmemorativas do Ano Darwin na USC.
Nesta nova cita, o xoves 29 a partir das 19:30 horas no Paraninfo da USC na Facultade de Xeografía e Historia, os tres investigadores debaterán nunha mesa redonda sobre ‘Fronteiras e controversias da teoría evolutiva’, que moderará Gonzalo Álvarez.