Pasar al contenido principal

Cómo realizar intervencións eficaces en público

Dirixido a emprendedores, xente da empresa, membros da comunidade universitaria e público en xeral, a Escola de Negocios Uniemprende organiza os días 9 e 10 de novembro un seminario sobre como realizar presentacións eficaces en público. Cunha carga lectiva de 16 horas, o curso celebrarase en horario de 9:30 a 14:30 e de 16:00 a 19:00 horas, tendo como data límite de inscrición o día 3 de novembro.
O programa, no que o 80 por cento das sesións serán de carácter práctico, tentará subliñar a importancia da preparación dun discurso ou presentación pública para o que mostrará técnicas e habilidades precisas para realizar presentacións eficaces. As persoas inscritas aprenderán a manexar recursos persoais, a voz e a comunicación non verbal, así como outros medio de apoio. Capítulo aparte merecerá a aprendizaxe do control de preguntas, intervencións incómodas, derivacións de temas ou o axuste dos tempos.
Impartirá o curso Carlos Hernández Fernández, consultor de Formación, Comunicación e Desenvolvemento cunha ampla experiencia en talleres sobre recursos humanos e habilidades sociaisen todo tipo de empresas, institucións e universidades de recoñecido prestixio, de España e Latinoamérica.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 26.10.2009.