Pasar al contenido principal

O programa Athenea de adquisición de portátiles a prezos competitivos chega á USC

Adquirir portátiles a un prezo inferior ao do mercado é a finalidade do Programa Athenea de Universia, dirixido aos estudantes, Persoal de Administración e Servizos e Docente e Investigador da Universidade, que chega á USC na súa sexta edición.
A iniciativa xurde coa vocación de achegar a todo o colectivo universitario a tecnoloxía máis avanzada e máis económica do mercado, por iso este ano como novidade conta cunha ampla oferta de ordenadores portátiles da marca Apple.
O interesado só ten que acceder á páxina web e mirar as subvencións que Athenea ofrece para cada produto, e de aí en dous ou tres días poderá ter o equipo que mercou.
Para calquera dúbida ou consulta o Programa habilitou o teléfono 902 760 051.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 26.10.2009.