O director xeral de I+D da Comisión Europea explicará os detalles do programa de Innovación Barroso II da UE
Este venres 30 nunha nova sesión do máster en Desenvolvemento Económico e Innovación da USC
O director xeral de I+D da Comisión Europea, José Manuel Silva Rodríguez, intervén este venres nas sesións académicas do máster en Desenvolvemento Económico e Innovación da USC. Silva Rodríguez explicará os detalles do programa de Innovación Barroso II da Unión Europea nunha sesión que comezará ás 16:30 horas no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.
Baixo a dirección do catedrático de Economía Aplicada, Xavier Vence, este posgrao proporciona unha formación avanzada, de carácter especializada e multidisciplinar, no ámbito do desenvolvemento económico e da innovación, tanto nos ámbitos rexional e local, como no da dirección e xestión da I+D e a innovación en institucións públicas e empresas.