Pasar al contenido principal

A Asociación Universitaria Iberoamericana de Posgrao reúnese a vindeira semana no Centro de Estudos Avanzados

O reitor da USC, Senén Barro, presidirá o luns 20 ás 9:30 horas a inauguración dun encontro que directivos da Asociación Universitaria Iberoamericana de Posgrao (AUIP) van celebrar a vindeira semana no Centro de Estudos Avanzados da USC. No acto acompañarao José Ramón Alonso Peña,reitor da Universidade de Salamanca e presidente da AUIP.
A USC acolle este encontro que se estenderán do luns 20 ao martes 21 para planificar as próximas actividades da asociación e no que, xunto aos directivos, están convidados os directores rexionais da asociación en Brasil, Colombia, Cuba, Ecuador, Arxentina e España.
A Asociación Universitaria Iberoamericana de Postgrado é un organismo internacional non gobernamental recoñecido pola UNESCO, dedicada ao fomento dos estudos de posgrao e doutoramento en Iberoamérica. Actualmente está integrada por máis de 130 prestixiosas institucións de educación superior de España, Portugal, América Latina e o Caribe.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 17.07.2009.