Pasar al contenido principal

A Universidade impartirá en Santiago un curso sobre economía doméstica

UNIVERSIDADE DE VERÁN DA USC

Do 22 ao 25 de setembro en Santiago, a USC organiza o curso de verán ‘Economía doméstica e uso do tempo dos fogares: reflexións á luz do caso galego’, dirixido por María Xosé Rodríguez Galdo, no que se achegará unha explicación completa sobre o alcance e limitacións da contribución da metodoloxía empregada na medición dos usos do tempo nos fogares.
Ao longo de 30 horas lectivas, presentarase aos asistentes un estudo pormenorizado do caso galego e da análise comparativa doutras contribucións a nivel español e internacional.
A taxa xeral de matrícula para este curso, que se desenvolverá no Centro de Estudos Avanzados (CEA) de Santiago, é de 120 euros. Existe un prezo reducido, de 70 euros, para estudantes universitarios, persoas desempregadas e PDI e PAS da USC. O prazo para a inscrición, tanto a través internet como por vía presencial (ata o 11 de setembro), xa está aberto.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 17.07.2009.