Pasar al contenido principal

A Universidade estudará nun curso de verán en Santiago a informática aplicada á lingüística

UNIVERSIDADE DE VERÁN DA USC

A Universidade de Santiago celebrará do 21 ao 24 de setembro na Facultade de Filoloxía de Santiago o curso de verán ‘Software Libre e a Lingüística (LINGUA 09)’. Trátase dun seminario dirixido por Enrique Estévez Fernández que ten como obxectivo presentar algúns aspectos salientables da informática aplicada á lingüística e a tradución, e en concreto das ferramentas e proxectos de Software Libre que existen.
Ao longo das sesións, 16 horas lectivas, analizarase a informática como unha ferramenta cada vez mais poderosa na investigación filolóxica e lingüística. Non xa soamente pola súa capacidade de análise de datos, senón polas canles de comunicación que crea e polos mecanismos de traballo que leva asociados.
A taxa xeral de matrícula para este curso é de 70 euros. Existe un prezo reducido, de 40 euros, para estudantes universitarios, persoas desempregadas e PDI e PAS da USC. O prazo para a inscrición, tanto a través internet como por vía presencial (ata o 11 de setembro), xa está aberto.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 20.07.2009.