Pasar al contenido principal

A USC e a secretaría xeral de Política Lingüística asinarán un convenio para manter diversas liñas de investigación do Instituto da Lingua Galega

O reitor da USC, Senén Barro, e o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo M. Lorenzo, asinarán este venres 23 un convenio de colaboración para potenciar diversas liñas de investigación do Instituto da Lingua Galega da institución académica (ILG).
A sinatura celebrarase a partir das 11:30 horas no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome. No documento que se vai asinar recóllese o compromiso da USC de elaborar novos volumes do Atlas Lingüístico Galego, a preparación de materias do ALGa para a súa incorporación á paxina web do ILG, a actualización e mantemento do Tesouro Informatizado da Lingua Galega ou a continuación dos traballos do proxecto Arquivo do Galego Oral, entre outras liñas de traballo.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 22.07.2009.