Pasar al contenido principal

A Universidade de Verán inicia en Compostela un debate ao redor da espectacularización da cultura

A ‘espectacularización’ da cultura é o tema do próximo curso de verán da USC que botará a andar este martes 28 en Compostelá na Aula 8 da Facultade de Xeografía e Historia onde se vai desenvolver ata o próximo venres 31 de xullo. O sesión inaugural celebrarase ás 10:00 horas.
As sesións deste curso, de 30 horas lectivas, partirán da idea de que no mundo contemporáneo se están a diferenciar con claridade dúas versións da cultura. Así, estudarase unha primeira corrente, tendente a convocar grandes multitudes en torno a accións de grande proxección mediática (grandes exposicións, grandes museos, espectáculos na televisión).
Unha segunda versión, máis especializada e con afán crítico, que cuestiona os parámetros da cultura promovida polas grandes institucións, e que se desenvolve preferentemente a través de redes sociais, colectivos, ou círculos académicos, e se basea na reflexión e na comunicación real entre individuos, tamén se analizará ao longo do curso.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 27.07.2009.