Pasar al contenido principal

Uniemprende organiza un taller sobre o planeamento da traxectoria emprendedora nunha universidade

O programa Uniemprende organiza este mércores 29 o workshop ‘Planeamento de Traxectoria Emprendedora nunha Universidade’ conducido pola experta internacional en cultura emprendedora Sandra Korman Dib, quen ademais é doutora en Psicoloxía Social e coordinadora de Comunicación Social na Pontificia Universidade Católica do Río (Brasil).
Este workshop, que será gratuíto, dará comezo ás 11:30 horas no Centro de Innovación e Transferencia de Tecnoloxía da USC (CITT) e estará aberto a toda a Comunidade Universitaria ata completar aforo. A xornada de traballo estará moderada por Carlos Hernández Sande, director do programa Uniemprende.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 28.07.2009.