Pasar al contenido principal

Ser ou non ser...

A Aula de Teatro da USC realiza probas para a súa próxima produción

Os próximos días 6, 7 e 8 a Aula de Teatro da USC realiza probas para a selección do elenco de actores que integrarán a súa próxima estrea. A cita será a partir das 18:00 horas na Sala de Teatro Roberto Vidal Bolaño, no Auditorio da Universidade no Campus Sur, e está aberta a todos os integrantes da comunidade universitarias (estudantes, PAS, PDI, alumnos dos cursos de arte dramática, alumnos de cursos de formación continua e posgrao ou coa tese matriculada).
Deste xeito, a Aula teatral compostelá traballará este curso académico na produción As cuñadas, de Michel Tremblay, con adaptación libre e dirección de Roberto Salgueiro. Para acadar máis información, as persoas interesadas poden dirixirse ao 981 563 100 ext. 11021,11103.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 05.10.2009.