Pasar al contenido principal

Acto protocolario de toma de posesión da profesora Mª Victoria Otero Espinar como decana de Matemáticas

O reitor da USC, Senén Barro, preside este mércores 7 o acto protocolario de toma de posesión da profesora Mª Victoria Otero Espinar como decana da Facultade de Matemáticas. Será no Salón de Graos do Colexio de San Xerome a partir das 14:00 horas.
A profesora Otero Espinar foi elixida decana nunha Xunta de Facultade celebrada o pasado mes de maio con 61 votos favorables dos 74 emitidos. Acompañarana nestes catro anos de goberno as profesoras Mª Elena Vázquez Abal como vicedecana e Josefina Ling Ling como secretaria.
Profesora do Departamento de Análise Matemática, María Victoria Otero Espinar é licenciada na USC onde tamén se doutorou. Completou a súa formación iniciando o seu labor investigador en centros de Estados Unidos e Francia. A súa investigación céntrase na análise funcional, os sistemas dinámicos e os problemas de contorno en ecuacións diferenciais ordinarias.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 06.10.2009.