O reitor presenta o Plan de Formación do Persoal Docente e Investigador para o vindeiro curso
O reitor da USC, Senén Barro, presentará este mércores 8 o Plan de Formación do Persoal Docente e Investigador para o vindeiro curso 2009-2010. Será no transcurso dunha rolda de prensa na que tamén estarán presentes o vicerreitor de Oferta Docente e Espazo Europeo de Educación Superior, Máximo Pló, e a coordinadora do Programa de Formación e Innovación Docente, Elisa Jato. A presentación realizarase a partir das 12:00 horas na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca.
O Plan de Formación do Persoal Docente e Investigador da USC para o vindeiro curso 2009-2010 prestará especial atención a aquelas funcións que os docentes están chamados a desenvolver pola implantación dun novo modelo educativo centrado na aprendizaxe do alumnado e orientado á adquisición de competencias.
Para a adecuación deste plan ás necesidades vinculadas ao Espazo Europeo de Educación Superior, a USC desenvolveu unha enquisa que recolle e identifica as percepcións do profesorado sobre as súas necesidades de formación e sobre cuxos resultados tamén se dará conta.