Pasar al contenido principal

Un curso estival fai un repaso á revolución no eido tecnolóxico propiciado pola implantación do Software Libre

UNIVERSIDADE DE VERÁN DA USC 2009

OSREVOLUTION 09 é a proposta estival da USC na que se fará un repaso á revolución no eido tecnolóxico propiciado pola implantación do Software Libre (SL). Do 20 ao 24 de xullo na Facultade de Xeografía e Historia, este curso introducirá aos participantes na filosofía, historia e nos modelos de traballo, tecnolóxico e económico do Softaware e da Cultura libre, facendo fincapé en exemplos de éxito reais.
O programa deseñado permitirá ademais achegarse ao cambios que nos dez últimos anos foron revolucionando a industria da informática e a da súa relación cos usuarios destas tecnoloxías. As conferencias serán exposicións teóricas que abranguerán os diferentes aspectos e axentes implicados nesta evolución, sendo impartidas por recoñecidos referentes profesionais tanto da administración, como das empresas, as universidades ou as asociacións.
Logo dunha introdución ao concepto de software libre e dos aspectos legais a el asociados, os asistentes poderán coñecer a práctica cotiá da administración neste eido así como as experiencias noutras comunidades autónomas, a aplicación do SL no ensino e na empresa ou algúns dos proxectos máis relevantes neste ámbito, entre outros asuntos.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 01.07.2009.