Pasar al contenido principal

Presentación do último número de Evohé e do Grao en Lingua e Literatura españolas de Humanidades

O vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Carlos Herrero, e o decano da Facultade de Humanidades, Alexandre Veiga, acompañarán este xoves 2 ao director da revista cultural Evohé da Universidade de Santiago de Compostela, Saturnino Valladares, que presentará en rolda de prensa o número 19-20 desta publicación.
Alexandre Veiga explicará no mesmo acto, que terá lugar ás 12:00 horas na Vicerreitoría de Coordinación de Lugo, os pormenores do grao en Lingua e Literatura españolas que a Facultade de Humanidades do Campus de Lugo comezará a ofertar a partir do vindeiro curso 2009-10.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 01.07.2009.