Pasar al contenido principal

Clausurado o seminario de calidade dirixido a representantes de universidades de Tayikistán, Kazajistán e Kirguistán

Foto de familia dos asistentes ao seminario de calidade dirixido a representantes de universidades de Tayikistán, Kazajistán e Kirguistán
Foto de familia dos asistentes ao seminario de calidade dirixido a representantes de universidades de Tayikistán, Kazajistán e Kirguistán

A Universidade de Santiago clausurou este venres, día 3, una seminario de calidade incluído no Proxecto Tempus CANQA (Central Asian Network for Quality Assurance amd Accreditation) que subvenciona a Comisión Europea. A xornada de clausura desenvolveuse no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome, logo de terse iniciado o encontro o pasado 29 de xuño na sede da ACSUG.
Neste seminario participan representantes de institucións educativas de ensino superior de países asiáticos como Tayikistán, Kazajistán e Kirguistán. Entre os seus obxectivos, o seminario pretende desenvolver unha rede centroasiática de axencias de acreditación e garantía da calidade así como introducir unha serie de parámetros, ferramentas e pautas dentro das institucións de educación superior para a garantía da calidade interna e externa.
Os participantes no encontro pretenden ademais propiciar a creación dun rexistro de información sobre as medidas e sistemas de acreditación centroasiáticos e desenvolver centros de información sobre recoñecemento académico dentro das axencias de acreditación.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 02.07.2009.