Nova xeira da revista GALLAECIA, que homenaxea a Isaac Díaz Pardo no seu último número
O volume 28 preséntase este mércores ás 13:00 horas na Facultade de Xeografía e Historia
O Departamento de Historia I da USC imprimiu unha serie de cambios á revista Gallaecia que no seu último número, o 28, lle dedica unha especial homenaxe ao intelectual galeguista Isaac Díaz Pardo, benefactor durante moitos anos da publicación.
O novo número presentarase este mércores, día 8, ás 13:00 horas na sala de Profesores da Facultade de Xeografía e Historia nun acto ao que asisten o propio Isaac Díaz pardo, o director da revista, Ramón Fábregas, e a directora do Departamento de Historia I, Raquel Casal.