Pasar al contenido principal

Remata o prazo de preinscrición para o Máster en Enxeñaría da Madeira Estrutural da EPS

O prazo de preinscrición no Máster en Enxeñaría Estrutural que se impartirá a partir do vindeiro curso na Escola Politécnica Superior de Lugo remata este venres 10. Trátase da primeira edición deste novo curso que contará con 500 horas lectivas divididas en varios módulos de estudo que se poderán cursar de forma independente.
O máster vai dirixido a titulados universitarios de segundo ciclo de carreiras técnicas, ou de primeiro ciclo con cálculo de estruturas no seu plan de estudos, que desexen especializarse no cálculo e deseño de estruturas de madeira para a edificación tanto arquitectónica como rural e para proxectos de obra civil.
Con este curso formaranse un total de 40 especialistas desde o 18 de setembro de 2009 ata o 15 de maio de 2010. Serán clases presenciais, principalmente venres pola tarde e sábados pola mañá. As persoas interesadas en ampliar información sobre este curso poden consultar a web http://www.usc.es/pemade/galego/aula/master.html.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 07.07.2009.