Pasar al contenido principal

A xestión ambiental nos concellos galegos será o tema central dun curso de verán en Ordes

UNIVERSIDADE DE VERÁN DA USC

A Universidade de Santiago impartirá a partir do 7 de setembro en Ordes o curso de verán ‘A xestión ambiental nos concellos galegos’, dirixido por Francisco José Peña Castiñeira, para contribuír a mellorar a formación e a reciclaxe de técnicos en medio ambiente.
A finalidade destas 30 horas lectivas será actualizar a formación do persoal da Administración Local con responsabilidades en materia ambiental, coa finalidade de contribuír a mellorar a xestión ambiental nos concellos galegos. Tentarase ademais implicar máis se cabe ao profesorado e alumnado dos centros educativos coa protección e conservación da natureza.
A taxa xeral de matrícula para asistir a estas sesións que se desenvolverán no Auditorio da Casa da Cultura de Ordes ata o 11 de setembro é de 120 euros. Existe un prezo reducido, de 70 euros, para estudantes universitarios, persoas desempregadas e PDI e PAS da USC. O prazo para a inscrición, tanto a través internet como por vía presencial (ata o 28 de agosto), xa está aberto.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 08.07.2009.