Pasar al contenido principal

Inaugúranse o luns quince cursos de verán da Universidade de Santiago

UNIVERSIDADE DE VERÁN DA USC

A USC inaugura este luns quince cursos de verán que se impartirán ao longo da vindeira semana en distintas localidades galega. Concretamente, sete en Santiago, 2 en Lugo, e 1 en Sanxenxo, Guitiriz, Burela, Sarria, Mondoñedo e Seoane do Courel.
Campus de SantiagoÁs 9:30 horas inauguraranse oficialmente os cursos 'Competencias e habilidades profesionais para universitarios/as emprendedores/as' e 'O enfoque baseado en dereitos humanos na cooperación para o desenvolvemento: fundamento e práctica', no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Económicas e no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais, respectivamente. Na apertura do primeiro participarán o vicerreitor de Política Internacional, Agustín Merino; o director de zona Galicia de Bancaja, José Luis Otero; a decana da Facultade, Mª Teresa Cancelo; e a directora da Cátedra Bancaja Mocidade Emprendedora da USC.
Media hora máis tarde celebrarase a apertura dos cursos 'Actualización en xerontoloxía: habilidades e coñecementos necesarios para o traballo con maiores', no Salón de Actos do Colexio Maior San Clemente; 'A bioinformática como ponte entre a xenética e as súas aplicacións industriais e biomédicas' na Aula Magna da Facultade de Matemáticas; e 'O movemento e a danza como inspiración na aprendizaxe', na Aula 4 da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Norte).
O curso de verán 'Tráfico e seguridade vial: regulación e consecuencias xurídicas dunha condución irresponsable' inaugurarase ás 10:15 horas no Salón de actos do Colexio de Avogados de Santiago, mentres que o titulado 'Televisión e Ficción III' o fará ás 12:00 horas na Aula 10 da Facultade de Xeografía e Historia.
Campus de LugoNo Salón de Actos da Facultade de Veterinaria dará comezo ás 9:30 horas o curso dirixido por Alberto Cepeda Sáez e Carlos Manuel Franco Abuín ‘Novas perspectivas en seguridade alimentaria’. Á mesma hora en Ciencias inaugurarase o curso ‘Fundamentos de proxectos industriais e regulamentacións aplicadas na súa redacción’ coa participación polo decano do centro, Francisco Fraga López, e o decano do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Lugo, Jorge Rivera Gómez.
SanxenxoNa Sede Náutica de Caixa Galicia en Sanxenxo terá lugar ás 10:00 a apertura do curso 'Avaliación do impacto socio-económico do turismo do século XXI’ coa asistencia da alcaldesa da vila, Catalina González; do director do CIEF de Caixa Galicia, Alberto Meixide; e do profesor e director do curso, Melchor Fernández.
Guitiriz e BurelaO curso ‘Inmigración e desenvolvemento local: as claves educativas e sociais’, dirixido por Miguel Anxo Santos Rego, inaugurarase no Salón de Plenos do Concello de Burela ás 10:00 horas. Á mesma hora, en Guitiriz, terá lugar o acto de apertura do seminario dirixido polos profesores Tomás Cuesta e Joaquín Suárez ‘Xestión das augas residuais no ámbito rural’, na Escola Habanera (rúa do Concello, 42).
SarriaDentro do Campus de Verán de Sarria, comeza o curso ‘Educación emocional e comunicación non violenta na sociedade da información. Bulling, ciberbulling e violencia de xénero’, dirixido por María Lina Iglesias Forneiro, e que será inaugurado na Sala de Plenos do Concello.
MondoñedoO curso de verán ‘Espazos naturais protexidos nun mundo en cambio’, dirixido por Pablo Ramil Rego, será inaugurado en Mondoñedo ás 10:30 horas, no Centro de Desenvolvemento Comarcal da Mariña Central (rúa Julia Pardo 13).

Los contenidos de esta página se actualizaron el 10.07.2009.