Pasar al contenido principal

A USC presenta en Viveiro a súa oferta académica e o proceso de matrícula para o vindeiro curso

O vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo da USC, Carlos Herrero, presentará en rolda de prensa este xoves, 16 de xullo, a oferta académica e o proceso de matrícula na institución docente para o vindeiro curso 2009-2010.
Na presentación, que terá lugar ás 12:00 horas no Salón de Plenos do Concello de Viveiro (Praza Maior, 1), o vicerreitor referirase á nova oferta de titulacións (graos) adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 15.07.2009.