Pasar al contenido principal

Comeza en Veterinaria un ciclo de conferencias sobre xenética animal e evolución

O investigador da USC Román Vilas imparte este martes 15 ás 11:00 horas na Aula 4 da Facultade de Veterinaria a conferencia ‘A natureza da selección natural’.
Este relatorio é o primeiro dun ciclo relacionado coa mellora xenética animal e a evolución que o Departamento de Xenética da USC programou para este curso académico en Lugo. A seguinte conferencia correrá a cargo de Julia Gullón, dos Servizos Técnicos de COGAL (Conejos Gallegos Sociedad Cooperativa), que falará sobre ‘Xenética e cunicultura’ o vindeiro 12 de xaneiro.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 14.12.2009.