Pasar al contenido principal

Expertos en veterinaria falarán en Lugo dos problemas de mobilidade nos animais

A conferencia enmárcase no programa de actos para conmemorar o 25 aniversario da Facultade de Veterinaria

Representantes da empresa de nutrición animal ‘Hill’s’ impartirán este xoves 17 ás 19:00 horas no Salón de Actos da Facultade de Veterinaria unha conferencia sobre a mobilidade nos animais. A xerente territorial de ‘Hill’s Pet Nutrition España’, Paula Ferro, e o xerente de asuntos veterinarios, Juan Carlos Giménez, falarán sobre a alimentación e os tratamentos máis axeitados para as mascotas que sofren problemas de mobilidade por diferentes causas.
Esta conferencia enmárcase dentro do ciclo ‘Compromiso das empresas coa formación do veterinario’ que se está a desenvolver na Facultade de Veterinaria dentro do programa de actividades para celebrar o seu 25 aniversario.
Os relatorios continuarán ata o mes de abril coa participación dunha vintena de profesionais de empresas como ‘Pfizer Salud Animal’ ,‘Esteve Veterinaria’ ou ‘Merial’, que abordarán diversas temáticas relacionadas coa saúde animal ou mesmo como debe preparar a súa primeira entrevista de traballo un veterinario.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 16.12.2009.