Pasar al contenido principal

Aberto o prazo de matrícula para un curso sobre xestión de riscos químicos que se impartirá en Lugo

A Facultade de Ciencias e o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral organizan esta acción formativa

Técnicos superiores en Prevención de Riscos Laborais, médicos, enfermeiros e alumnos da Facultade de Ciencias son os destinatarios do curso ‘A xestión do risco químico’ que se impartirá no Campus de Lugo dende o 15 de xaneiro ata o 15 de febreiro de 2010.
O prazo de matrícula para participar neste curso, organizado pola Facultade de Ciencias e o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA), está aberto ata o vindeiro 11 de xaneiro, e o seu custe é de 350 euros.
Esta acción formativa terá unha duración de 50 horas, das que a metade serán presenciais e a outra metade a través do portal formativo da web. As clases desenvolveranse os venres en horario de 16:00 a 21:00 horas e o sábados de 9:00 a 14:00 horas.
O xefe do centro do ISSGA da Coruña, Miguel Martínez Losada, e a xefa da sección de Hixiene Industrial, Lucía Ferrón, impartirán este curso no que, entre outros temas, se abordará o marco normativo e a xestión dos riscos químicos na sociedade actual.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 18.12.2009.