Pasar al contenido principal

A USC publica o catálogo 'Vermellas: Chamábanlles "rojas": Borradas da historia'

A USC acaba de publicar o catálogo Vermellas: Chamábanlles “rojas”: Borradas da historia, como colofón á mostra documental que baixo o mesmo título se inaugurou o pasado marzo na Facultade de Veterinaria de Lugo. A exposición, auspiciada polo convenio "Lugo Cultural", no que participan o concello de Lugo, a vicepresidencia primeira da Deputación de Lugo, a Xunta de Galicia, a Fundación Caixa Galicia e a Universidade, estivo dedicada ás mulleres que sufriron a represión franquista tras o golpe de estado de 1936, en moitos casos pasando por penas de cárcere e noutros de forma dramática atopando a morte.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 10.09.2009.