Pasar al contenido principal

A USC congrega a especialistas de todo o mundo en lingüística histórica da lingua española

Será no transcurso do VIII Congreso Internacional de Historia da Lingua Española que se vai celebrar do 14 ao 18

Converterse no foro por excelencia da lingüística histórica da lingua española é a finalidade perseguida polo VIII Congreso Internacional de Historia da Lingua Española, que o próximo luns 14 vai abrir as súas portas na Universidade compostelá. A inauguración oficial do encontro que se estenderá ata o día 18 celebrarase no Salón Nobre do Colexio de Fonseca a partir das 11:00 horas baixo a presidencia da vicerreitora de Calidade, Mª Dolores Álvarez. Está prevista a asistencia do conselleiro de Cultura, Roberto Varela Fariña.
A primeira das conferencias plenarias do encontro terá lugar no mesmo Salón Nobre e estará protagonizada polo profesor Roger Wright que falará sobre ‘A composición das Actas do Concilio de Córdoba (839)’. A sesión reanudarase pola tarde xa na Facultade de Filoloxía que acubillará no seu Salón de Graos, a partir das 16:15 horas, unha mesa redonda sobre ‘A documentación romance’. Nela intervirán Germá Colón, da Universidade de Basilea; Antonio Salvador, da Universidade de Estremadura; Claudio García, da Universidade da Rioxa; e Pilar García, do Consello Superior de Investigacións Científicas.
De seguido, iniciarase unha serie de sesións paralelas de comunicacións dedicadas de xeito monográfico a cuestións relacionadas coa morfoloxía e sintaxe históricas; lexicoloxía, lexicografía, e semántica históricas; análise do discurso e pragmática histórica; historia do español en América; e sobre onomástica e toponimia. O profesor de Zaragoza José Mª Enguita porá o broche desta primeira xornada coa conferencia plenaria ‘Historia natural e léxico na obra americanista de Félix de Azara’.
Presentación de actasIncluido no programa do encontro, presentaranse tamén o luns 14 a partir das 11:30 horas as actas do Congreso Internacional ‘La obra de Lapesa desde la filología actualeditadas pola Sociedad Estatal de Conmemoraciones Culturales (SECC), baixo a coordinación do Ministerio de Cultura.
A presentación correrá a cargo de José Jesús de Bustos (a cargo da edición xunto a Rafael Cano) e Amaya de Miguel (directora de publicacións da SECC).

Los contenidos de esta página se actualizaron el 11.09.2009.