Aberta a inscrición para o curso intensivo de Tenis en Santiago
A Escola de Tenis abre desde este martes 1 o prazo de inscrición para participar no curso intensivo de tenis que comezará o día 7 no Campus de Santiago. As clases, 15 horas en total, distribuiranse en sesións de unha hora diaria de luns a venres, ata o 25 de setembro.
Tamén continúa aberto o prazo para apuntarse no resto das actividades que se desenvolverán ao longo do mes de setembro, Aerolatino, Step-aeróbic, Aeróbic (iniciación), Steps, Hip-hop, Kung-fu, Pilates, Tai-chi, e Esgrima especializado, este último para aquelas persoas que asistiron ás clases durante o curso pasado.
Para unha maior información, as persoas interesadas poden dirixirse á Oficina da Área de Deportes, Piscina Universitaria-1º andar, ou remitir un correo electrónico ao enderezo deporsec [at] usc.es (deporsec[at]usc[dot]es). Os horarios e as tarifas pódense consultar na web www.usc.es/deportes.