Pasar al contenido principal

A área de Deportes da USC busca futbolistas para os equipos de veteranos

A Área de Deportes da USC está a procurar deportistas da comunidade universitaria con máis de 30 anos de idade para formar parte dos equipos federados de veteranos de fútbol e fútbol sala durante o curso 2009-2010.
Os interesados en representar ao Club USC nas correspondentes ligas organizadas pola Agrupación de Deportistas Veteranos de Santiago de Compostela deberán asistir ás reunións que terán lugar os días 10 e 11 de setembro, ás 11:00 horas na Sala de Xadrez, situada no edificio da piscina universitaria, no Campus Sur ou enviar un correo electrónico aos enderezos joseluis.veiga.goy [at] usc.es (joseluis[dot]veiga[dot]goy[at]usc[dot]es) e robvaldes [at] hotmail.com (robvaldes[at]hotmail[dot]com).
No transcurso das reunións poñerase ao día a todos os membros do equipo sobre a nova temporada. De non haber suficientes xogadores vinculados á USC, a Área de Deportes, que será tamén a encargada de nomear un coordinador para os equipos, completará a plantilla con xogadores externos á comunidade universitaria.
AmigableO sábado 12 a USC xogará un partido amigable no campo de fútbol de Rebordelo, Calo, ás 16:30 horas. Durante a temporada 2009-2010, os partidos de fútbol xogaranse os sábados pola tarde. Os de fútbol sala celebraranse de luns a venres, a partir das 21:00 horas.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 08.09.2009.