Pasar al contenido principal

O ciclo 'Pegadas' de Lugo Cultural remata este sábado, cunha última ruta polo Courel

O programa de sendeirismo ‘Pegadas’ do Convenio Lugo Cultural finaliza cunha fin de semana no Courel. Nesta última cita combinarase o sendeirismo, a observación da flora, a tradición e a literatura.
Esta iniciativa que se desenvolveu durante todo o ano consiste en paseos dirixidos por Xurxo Vivero, que se ocupa de facer unha descrición da fauna e da flora da zona mentres Eduardo Ochoa se encarga de indicar os lugares máis apropiados para a fotografía. As mellores imaxes empregaranse para unha exposición.
A actividade, que está aberta a toda a poboación, conta con 36 inscritos. O primeiro día, o sábado 29, os asistentes comerán no Courel e poderán gozar dunha foliada con músicos e conta contos. O domingo 30 rematará a ruta pola zona. O programa ‘Pegadas’ constou de catro rutas, cada unha nunha estación do ano diferente.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 28.11.2008.