Pasar al contenido principal

Carlos Herrero inaugura este mércores as XIII Xornadas Internacionais de Enfermaría, dedicadas este ano ás drogas e accidentes de tráfico

O vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Carlos Herrero Latorre, inaugura este mércores 26, ás 18:00 horas, as XIII Xornadas Internacionais de Enfermaría, que se celebran no Auditorio da Facultade de Veterinaria baixo o título ‘Drogas e accidentes de tráfico. Dous son mil’ e que se prolongarán ata o venres 28.
Neste acto de apertura o vicerreitor estará acompañado polo director da Escola de Enfermaría de Lugo, José Luis Díaz López; o alcalde, José López Orozco; o subdelegado do Goberno, Jesús Otero; o delegado provincial da Consellaría de Sanidade, Miguel Ángel Rodríguez Lois; o director provincial do Sergas, José Luis Rodríguez López; o xerente do complexo hospitalario Xeral-Calde, Francisco Martínez Otero; o presidente da Deputación Provincial, José Ramón Gómez Besteiro, e o decano do Colexio de Enfemeiros, Miguel Fernández.
Unha vez finalizado o acto de inauguración, terá lugar a primeira das conferencias, a cargo da coñecida enfermeira norteamericana Lynda Juall Carpenito-Moyet que falará do impacto do diagnóstico dos pacientes na profesión. O secretario xeral da Consellaría de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, Luis Vázquez Rodríguez, explicará de seguido o Plan de Seguridade Vial de Galicia. Esta primeira xornada rematará ás 20:30 horas no Concello, onde se lles ofrecerá aos 250 participantes un cóctel de benvida.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 25.03.2008.