Pasar al contenido principal

Senén Barro asina un convenio en Ferrol para a realización do Proxecto 'Ferrolterra Excelencia Hostaleira cos 5 sentidos'

Previamente pronunciará unha conferencia no IES Cruceiro Baleares

O reitor da Universidade de Santiago, Senén Barro Ameneiro, asinará este xoves 13 en Ferrol o convenio de colaboración para a realización do Proxecto Ferrolterra Excelencia Hostaleira cos 5 sentidos, que dirixirá e supervisará a propia USC.
O acordo, que se asinará ás 11:30 horas no edificio da Xunta de Galicia da cidade (Praza Camilo José Cela), establécese co IGAPE, a Asociación de empresarios de Hostalería de Ferrol e Comarcas, Caixanova, e FEUGA.
Conferencia no IES Cruceiro BalearesPrevio a ese acto de sinatura, o reitor compostelán ofrecerá ás 9:20 horas no Instituto de Educación Secundaria Cruceiro Baleares unha conferencia na que lles explicará aos alumnos ferroláns a estrutura da Universidade de Santiago, a súa oferta académica e os servizos dos que poden gozar ao matriculárense nela.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 12.03.2008.