Preséntase en Historia o libro Pasión por la Edad Media, unha traxectoria académica de García de Cortazar
O historiador José Ángel García de Cortázar asiste este xoves, día 28, en Santiago á presentación do libro Pasión por la Edad Media, no que reflexiona sobre o seu itinerario persoal e académico como docente e investigador na Universidade.
Á presentación, que terá lugar ás 19:00 horas na Aula 12 da Facultade de Xeografía e Historia, asistirá ademais a decana Mar Llinares.
Editado por Publicacións da Universidade de Valencia, Pasión por la Edad Media repasa a traxectoria de García de Cortázar nun traballo realizado por José Ramón Díaz de Durana e presentado en formato de entrevista.