Deportistas da USC acadaron o quinto e noveno posto no Campionato de España Universitario de Campo a través
Oito deportistas da Universidade de Santiago conseguiron o quinto e noveno posto no Campionato de España Universitario de Campo a través, celebrado no circuíto Monte la Reina de Toro en Valladolid.
O quinto lugar acadouse na categoría feminina con 71 puntos que sumaron as corredoras Alicia Folgar, Erea Rodríguez, Saleta Aboy e Cristina Reboredo. Por outra banda, o posto noveno foi na categoría masculina grazas aos 111 puntos de Carlos Villamor, Rubén Rodríguez, Francisco José Sánchez e Jorge Rodríguez