Pasar al contenido principal

Abre na Deputación Provincial a mostra 'Os xoguetes esquecidos', organizada en colaboración coa USC

Poderá verse na sala de exposicións durante o mes de marzo, cando se trasladará ao campus lugués

A exposición de xoguetes de Xosé López González e Xosé Manuel García, autores tamén de diferentes publicacións sobre a materia salientando sobre todo Os xoguetes esquecidos e Os xoguetes do lixo, abriu xa ao público na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos.
Esta mostra, que se leva a cabo dende a Área de Cultura da Deputación Provincial coa colaboración da Vicerreitoría de Cultura da USC, é unha mostra estacional dos xoguetes tradicionais que se realizaban e cos que xogaban os nenos e as nenas galegas fai uns anos.Nesta exposición recóllese unha ampla mostra dos xoguetes tradicionais para lembrar como xogaban os antepasados como un reflexo da imaxinación e da creatividade que se pode utilizar á hora de elaborar xoguetes para os pequenos da casa.
A inauguración estivo a cargo do delegado da Área de Cultura da Deputación, Antonio Veiga; do vicerreitor de Extensión Cultural da USC, Elías Torres, e dos autores, Xosé López González e Xosé Manuel García. A mostra estará aberta ata o 6 de abril deste ano. Unha vez pechada, a mostra poderá visitarse nas instalacións do Campus lugués.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 07.03.2008.