Pasar al contenido principal

O ciclo Pegadas de Lugo Cultural dá comezo este sábado coa primeira das rutas polo río Miño

O programa de sendeirismo ‘Pegadas’ do Convenio Lugo Cultural dará comezo este sábado 8. Trátase dunha iniciativa cultural que se desenvolverá durante todo o ano e que consta de catro percorridos pola zona do Miño para coñecer a fauna e flora da zona, así como a súa beleza paisaxística gozando dunha xornada de exercicio.
As citas se realizarán en distintas épocas do ano, empezando este sábado para continuar o 6 de abril, 21 de setembro e 19 de outubro. Estes paseos estarán dirixidos por Xurxo Vivero, que se ocupará de facer unha descrición da fauna e da flora da zona mentres Eduardo Ochoa indicará os lugares máis apropiados para a fotografía. Serán os dous os responsables de presentar esta actividade o mércores, que está aberta a toda a poboación.
Estas rutas rematarán cunha fin de semana no Courel, os días 28, 29 e 30 de novembro. Nesta última cita combinarase o sendeirismo, a observación da flora, a tradición e a literatura.
A saída das rutas será do miradoiro do parque Rosalía de Castro ás 10:00 horas de cada domingo, agás esta primeira, que comezará ás 16:00 horas. Cun total de 30 prazas por ruta, cada unha delas terá un custo de 4 euros, cun prezo total para os que asistan a todas de 13. Na ruta do Courel terán preferencia aqueles que realizaran todas as rutas e o prezo será de 45 euros.
A inscrición para estas rutas pode realizarse na Oficina de Cultura do Campus de Lugo, situada na praza Pío XII, número 3, de Lugo. O prazo pecharase uns días antes da súa celebración.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 07.03.2008.