Pasar al contenido principal

O profesor David Araújo-Vilar gaña o III Premio en Saúde da Muller que concede a Fundación Pfizer

O profesor do Departamento de Medicina da USC David Araújo-Vilar resultou galardoado co III Premio en Saúde da Muller, categoría Sanitaria, que concede a Fundación Pfizer, polo seu proxecto ‘Influencia da adipoxénese rexional sobre os determinantes de risco cardiovascular en mulleres post-menopáusicas: unha aproximación fenómica ao síndrome metabólico’.
O docente da USC, que doará os 6.000 euros á Sociedade Española de Lipodistrofias, recollerá o premio este mércores, día 12, no marco do VIII Encontro Nacional de Saúde e Medicina da Muller que se celebra no Palacio de Congresos de Madrid.
Estes galardóns convócanse anualmente co propósito de apoiar e recoñecer os traballos realizados por profesionais sanitarios, organizacións sociais e iniciativas privadas para mellorar a saúde da muller.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 11.03.2008.