Pasar al contenido principal

O investigador Antonio Míguez Macho disertará na residencia Monte da Condesa sobre o proxecto 'As vítimas, os nomes e as voces'

O investigador Antonio Míguez Macho ofrecerá este martes 11 ás 21:30 horas unha charla na Sala de Conferencias da residencia Monte da Condesa sobre o proxecto de investigación interuniversitaria ‘As vítimas, os nomes e as voces’.
Con esta intervención, Míguez Macho disertará sobre as tarefas que un grupo de investigadores das tres universidades galegas está a desenvolver para a recuperación da memoria franquista en Galicia a través da documentación recuperada en diferentes arquivos, así como pola realización de máis de 300 entrevistas a protagonistas directos dos feitos e aos seus descendentes.
As tres universidades galegas asinaron en 2006 un convenio coa Consellaría de Cultura para desenvolver un programa de investigación conxunta sobre a guerra civil e a represión en Galicia baixo o título ‘As vítimas, os nomes, as voces e os lugares’, do que é investigador principal o catedrático da USC Lourenzo Fernández Prieto.
Especialistas en historia contemporánea están a executar un amplo traballo sobre a memoria da guerra civil centrado en tres liñas de actuación, a constitución dun fondo de gravacións sobre a memoria oral da guerra, a elaboración dunha relación de represaliados e a determinación dunha xeografía da represión.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 10.03.2008.