Presentación das primeiras dezasete Guías Didácticas da USC
O Servizo de Normalización Lingüística e a Vicerreitoría de Cultura promoveron o desenvolvemento do I Curso de elaboración de Unidades Didácticas da USC, cuxo resultado foron unha serie de dezasete unidades didácticas que se presentarán aos medios de comunicación este xoves 27 na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca.
Na presentación, prevista para as 12:30 horas, participarán os vicerreitores de Cultura e de Oferta Docente e Espazo Europeo de Educación Superior, Elías Torres e Máximo Pló, respectivamente, e a profesora e coordinadora do curso Concepción Losada Vázquez. Estas dezasete primeiras unidades, relativas a outras tantas materias impartidas polos docentes que participaron no curso, servirán de material de traballo tanto para alumnos como para o profesorado.
O I Curso de elaboración de Unidades Didácticas, promovido polo Servizo de Normalización Lingüística e a Vicerreitoría de Cultura, estaba dirixido exclusivamente a profesores universitarios e persoal docente en formación, co obxectivo xeral de contribuír ao uso do galego ligado á mellora metodolóxica na docencia.