Pasar al contenido principal

A EPS festexa o xoves o Día Forestal Mundial cunha conferencia e a entrega do Premio Bernardo de la Torre

A Escola Politécnica Superior de Lugo celebra este xoves 27 o Día Forestal Mundial cun programa de actos organizado en colaboración co Colexio de Enxeñeiros de Montes de Galicia, que se desenvolverá no Salón de Actos da EPS a partir das 12:00 horas.
A primeira das actividades será a conferencia ‘Pasado, presente e futuro dos enxeñeiros de Montes’ a cargo de Pedro Pablo Iñíguez Alonso, que foi director xeral de Montes de A Rioxa e subdirector xeral de montes de Galicia, entre outros cargos. Tamén desenvolveu parte da súa experiencia profesional en organismos da administración forestal estatal como ICONA e o Patrimonio Forestal do Estado.
A continuación, ás 13:45 horas, farase entrega do Premio Bernardo de la Torre na súa primeira edición e que recaeu en Óscar Doral García polo seu traballo de fin de carreira ‘Proxecto de granxa cinexética para a cría de perdiz vermella (Alectoris rufa L.) no Concello de Cervantes (Lugo)’.
Este premio foi convocado pola Asociación e o Colexio de Enxeñeiros de Montes de Galicia en colaboración cao Escola Politécnica Superior para distinguir aos proxectos destes enxeñeiros que destacan pola súa creatividade e aplicación á profesión. Finalizarán a xornada cun aperitivo na cafetería do centro.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 26.03.2008.